A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

         AS ORIXES DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

1.1 A REVOLUCIÓN AGRARIA BRITÁNICA


1.2 A Revolución Industrial en Gran Bretaña

-A existencia de abundantes xacementos de carbón e de mineral de ferro

-A expansión do comercio

-A dispoñibilidade de suficientes capitais

-Os cambios nas teorías económicas

O DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA E DO TRANSPORTE

1.1 A MINARÍA DO CARBÓN E A INDUSTRIA SIDERÚRXICA

O sector siderúrxico estaba ligado a producción de carbón. O carbón permitía alcanzar temperatura moi elevadas nuns altos fornos nos que se fundía o metal.

A fabricación de aceiro axudou a obter materiais de mellor calidade.

A máquina de vapor e a construcción de ferrocarís proporcionaron una demanda crecente de ferro e aceiro.

1.2 INDUSTRIA TÉXTIL

O primeiro paso que levou a aparición dun sector textil moderno foron as medidas proteccionistas.

Unha serie de inventos conseguiron mecanizar as tarefas de fiar e tecer. A aplicación destes enseños multiplicou a producción. Desta maneira naceron as primeiras factorías con un número elevado de obreiros.


1.3 A REVOLUCIÓN DOS TRANSPORTES E DAS COMUNICACIÓNS

A Revolución Industrial supuxo o auxe do comercio e do transporte, as industrias demandaban materias primas e os productos manufacturados tiñan que chegar ata os consumidores.

As transformacións empezaron a partir da construcción de canais e da mellora de estradas, o cambio máis radical comportouno o ferrocarril.

A maquina de vapor tamén se aplicou a navegación sobre todo a fluvial.

Desenvolveuse o sistema postal e Samuel Morse inventou o telégrafo.

           A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

1.1 OS CAMBIOS NA INDUSTRIA E NO TRANSPORTE

Nesta etapa medraba a industria siderúrxica.

Ao carbón como fonte de enerxía principal engadironlle outras novas como o petróleo ou a electricidade.

No transporte estendéronse as redes de ferrocarrís e apareceron as locomotoras eléctricas, o auntomóbil e o avión.

1.2 O GRAN CAPITALISMO

As características deste sistema son:

-A creación de sociedades anónimas

-O desenvolvemento da banca e evolución do diñeiro

-As novas formas do organización do traballo

-A tendencia cara o proteccionismo

1.3 EXTENSIÓN DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


REPERCUSIÓNS SOCIAIS E CULTURAIS DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

1.1UNHA NOVA DIVISIÓN SOCIAL

O novo sistema capitalista dividiu a sociedade en dúas clases sociais:
1)BURGUESÍA
Dedicábase aos negocios e ás profesións liberais
2)PROLETARIADO
Aplicábaselles ás persoas que traballaban nas fábricas ou nas minas

1.2 O REALISMO E A NOVA ARQUITECTURA

Nas artes plásticas o espírito dos novos tempos reflectiuse no realismo, un movemento artístico que pretendía proxectar a realidade como era.

A arquitectura experimentou una gran trnsformación grazas aos avances da Revolución Industrial. Utilizáronse novos materiais e para as Exposicións Universais construíronse grandes pavillóns con estes materiais.

As estacións de ferrocarril foron testemuños da nova arquitectura do ferro.

            AS ORIXES DO MOVEMENTO OBREIRO

1.1 AS PRIMEIRAS REACCIÓNS OBREIRAS

O primeiro xesto de protesta dos traballadores foi o ludismo que tiña por obxecto destruír as máquinas, as cales consideraban culpables de quitarlle o traballo.

Tamén en Gran Bretaña e formaron os primeiros sindicatos chamados Trade Unions (´unións de oficios´)

1.2 O SOCIALISMO UTÓPICO

Non só os proletarios consideraron que o capitalismo os explotaba. Tamén houbo intelectuais denominados socialistas utópicos, nos que os máis destacados foron:

-Henri de Saint-Simon

-Robert Owen

-Charles Fourier

1.3 O SOCIALISMO CIENTÍFICO. O MARXISMO.

O socialimo científico é o nome co que se buscou diferenciar o marxismo, do filósofo alemán Karl Marx, do resto das correntes socialistas. Marx propuxo levar a cabo un estudo científico da economía e da sociedade que debía concluír cun cambio total no modo de producción.

No sistema capitalista, a burguesía era a clase opresora, e o proletariado, a oprimida. Segundo Marx, habería que arrebatarlle a burguesía a propiedade privada dos medios de produción e convertelos en colecctivos; deste xeito, chegariase a una sociedade sen oprimidos nin opresores.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar