As grandes potencias e o imperialismo

     O AUXE DO NACIONALISMO EN EUROPA

1.1 FRANCIA: O SEGUNDO IMPERIO

Luís Bonaparte, deu un golpe de Estado, proclamouse emperdor co nome de Napoleón III e instaurou o Segundo Imperio.

Este réxime era una síntese de liberalismo e de orde. O seu prestixio baseábase na herdanza dinástica e nunha política exterior agresiva. Napolión III interveu en todas as crises entre as grandes potencias 

1.2 A UNIFICACIÓN DE ALEMAÑA

- Os partidarios de Gran Alemaña, que se agrupaban arredor e Austria, una potencia católica cuxo monarca fora emperador do Sacro Imperio ata o ano 1806

-Os que preferían una Pequena Alemaña, dirixida por Prusia, potencia protestante, da que excluían a Austria.

O chanceler Otto von Bismark logrou a unificación a través dunha serie de guerras:

-Guerra dos Ducados

-Guerra austro-prusiana

-Guerra franco-prusiana

Guillerme I foi proclamado káiser no palacio de Versalles.

1.3 A UNIFICACIÓN ITALIANA

Austria, e a presenza dos Estados Pontificios obrigaba o nacionalismo a enfrontarse ao poder temporal do Papa.

Destacaron Piamonte, Víctor Manuel II, Cavour e Garibaldi

           AS GRANDES POTENCIAS EUROPEAS

REINO UNIDO

Entre 1837-1901 gobernou Victoria I. A Inglaterra victoriana ostentou a indiscutible hexemonía económica a nivel mundial e expandiu o seu enorme imperio por ultramar. Tan só atopou competidores a finais do século  XIX, en Alemaña ou en novas potencias extraeuropeas como Estados Unidos ou Xapón

FRANCIA

Tras a caída de Napoleón III proclamouse a Terceira República. A aprobación da Constitución en 1875 de un paso a una época de prosperidade, estabilidade e desenvolvemento cultural. Ampliáronse os dereitos civís e legalizouse o movemento obreiro.

IMPERIO ALEMÁN

Despois da unificación, Alemaña transformouse nunha gran potencia. O imperio organizouse arredor de Prusia e de Guillerme I. O chanceler Bismark  converteuse no árbitro das relación internacionais europeas.

Alemaña organizouse como un sistema parlamentario bicameral. A súa avanzada lexislación social conseguiu, ademáis, manter as demandas obreiras en posicións moderada, que defendía sobre todo o partido socialdemócrata.

GRANDES IMPERIOS

O imperio Austrohúngaro, o ruso e o otomán, atopábanse nun claro estado de decadencia.

Os seus principais problemas viñan das diferentes nacionalidades que os compoñían e que reclamaban agora a súa independencia, así como da súa estrutura política, económica e social.

       O IMPERIALISMO: A EXPANSIÓN COLONIAL

O NOVO IMPERIALISMO

Os europeos construíron grandes imperios coloniais e ultramar, sobre todo en américa. Este primeiro colonialismo entrou en crise logo da independencia dos Estados Unidos. 

Aínda que a nova fase de expansión colonial comenzou cara a 1830, foi a partir de 1870 cando os imperios alcanzaron o seu apoxeo e aseguraron o dominio económico e cultural sobre o resto do mundo.

AS CAUSAS ECONÓMICAS

A Revolución Industrial proporcionoulles aos europeos os medios necesarios para afianzar o seu poder, grazas á súa superioridade técnica, organizativa e económica. Había importantes motivos económicos que impulsaban a expansión colonial:

-As colonias subministrábanlle á metrópole materias primas e man de obra barata para extraela; á súa vez, eran tamén mercados.

-Os europeos que ocupaban o 60% das reservas de ouro de todo o mundo, buscaban territorios onde poder investir o seu excedente de capital para obter a máxima rendibilidade.

O FACTOR DEMOGRÁFICO

Produciuse a explosión branca. A poboación europea aumentou nun 75%, malia a emigración cara ultramar. Algunhas colonias, case sempre de clima temperado, absorbían una boa parte do exedente demográfico da metrópole: esa era a función do Canadá ou de Australia no caso británico, de Alxeria no francés ou de Cuba no español; pero a mayoría dos emigrantes europeos asentábanse en antigas colonias que eran xa independentes, como os Estados Unidos, Brasil e Arxentina.

MOTIVOS POLÍTICOS

No imperialismo influían tamén motivos políticos:

-Algunhas colonias carecían de interés económico, pero estaban nunha situación estratéxica que permitía o dominio  das rutas mariñas, como os enclaves británicos de Xibraltar, Malta ou Adén.

-As colonias outorgaban prestixio: Considerábase que a posición dun imperio era una condición para acceder a os status de gran potencia.

A COARTADA IDEOLÓXICA

Destaca o racismo

O IMPERIALISMO: OS IMPERIOS COLONIAIS E AS NOVAS POTENCIAS  

A EXPANSIÓN EUROPEA

- En África, as explotacións xeográficas, como as de Livingstone e Stanley, a actividade dos misioneiros e o interese polos recursos africanos levaron os europeos a dominar o continente. en 1885 celebrouse a Conferencia de Berlín para acceder a repartición de África.

-En Asia, Reino Unido asentou na península de Indostán, en Birmania e en Malasia: Rusia, expandiuse por Asia Central e Siberia; e Francia, ocupou Indochina. Os Países Baixos mantiveron o control sobre as illas de Indonesia.

Na China, os británicas lograron concesiónscomerciais tras as guerras do opio.

-En Oceanía, a presenza occidental comenzou co establecemento dos británicos en Australia, desde onde pasaron cara a Nova Zelandia. Os franceses lograron o dominio de diversas illas de Polinesia; a estes seguíronos os alemán, que lle marcaron a España as illas Marianas e Palau

A EXPANSIÓN DAS POTENCIAS EXTRAEUROPEAS

-ESTADOS UNIDOS

-XAPÓN: Destaca A revolución Meiji.



¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar